No DOG do pasado 2 de abril publicouse a RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2020 pola
que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico
para persoal empregado público, traballador por conta allea ou
autónomo, empresario ou persoa con inquietudes no ámbito da prevención
de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 3 abril de 2020 ata o 9 de abril de 2020.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Ligazón DOG:
Ligazón zona matrícula EGAP:
Comentarios
Publicar un comentario