Saltar ao contido principal

INTEGRACIÓN DE MUXEXU NOS SISTEMAS DE RECEITA ELECTRÓNICA DE GALIZA

Segundo informara a MUXEXU días atrás, as tres  mutualidades administrativas estaban a traballar para diminuír a mobilidade dos pacientes que necesiten receitas aos centros de saúde de cada unha das Comunidades Autónomas. Nese sentido, estivo a traballarse para incorporar, aos  mutualistas adscritos aos diferentes Servizos Públicos de Saúde nos sistemas de receita electrónica das diferentes Comunidades Autónomas. Esta incorporación será de maneira extraordinaria, mentres siga vixente o estado de alarma.

Durante o estado de alarma  en todas as CCAA adscritas ao sistema, salvo en Madrid, garántese que o  mutualista fará a achega económica que lle corresponde segundo o medicamento no ámbito  MUXEXU.

Polo momento, os  mutualistas adscritos aos seguintes Servizos de Saúde (no noso caso só os que teñen ao SERGAS como entidade médica) poden facer uso do sistema de receita electrónica:

    Servizo Valenciano de Saúde: a partir do 27 de marzo de 2020
    Servizo Galego de Saúde: a partir do día 1 de abril de 2020
    Servizo Madrileño de Saúde: a partir do 4 de abril de 2020
    Servizo de Saúde de lles  Illes  Balears: a partir do 6 de abril de 2020
    Servizo de Saúde de Castela e León: a partir do 9 de abril de 2020.
    Servizo Vasco de Saúde: a partir do 16 de abril de 2020
    Servizo Catalán de Saúde: a partir do 20 de abril de 2020.

Peculiaridade en Galiza:

A singularidade é que o  mutualista deberá levar á farmacia, unha vez realizada a prescrición electrónica pola facultativa/o, as receitas en branco de  MUXEXU que se precisen, e neste caso abonará a achega que lle corresponda, sen necesidade de reintegro posterior.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.