En nota de prensa do pasado śabado 25 de abril a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou manter a validez e eficacia dos acordos e as medidas adoptadas ata a data por este
órgano en relación coa pandemia de coronavirus COVID-19. Entre os acordos cuxa validez e eficacia mantense figura o aprobado na
reunión extraordinaria mantida pola Comisión Permanente o pasado 14 de marzo polo que se dispuxo a suspensión de todas as actuacións xudiciais
programadas e os prazos procesuais que tal decisión conleva, salvo nos
supostos de servizos esenciais.
Os servizos esenciais son os aprobados polo Consello Xeral do Poder Xudicial o pasado 13 de marzo de forma coordinada co Ministerio de
Xustiza e a Fiscalía Xeral do Estado, coas precisións realizadas desde
entón.
Comentarios
Publicar un comentario