De momento, a
dotación de servizos esenciaís segue a ser a mesma ata este vindeiro luns incluido. Mañán teremos
unha nova videoconferencia co Ministerio e o resto de sindicatos
representativos, para analizar o borrador que se nos trasladou da nova prestación dos servizos esenciais.
O Ministerio
pretende publicar unha resolución que estableza as novas dotacións dos servizos
esenciais de cara aos próximos 15 días. Esa resolución
implicaría a volta á resolución do 14 de marzo, pero coa
posibilidade de aínda máis presenza d@s traballador@s nos órganos
xudiciais.
Desde a CIG
defendemos que siga en vigor a resolución do Ministerio do 30 de
marzo e a subseguinte da Dirección Xeral de Xustiza do 31 de marzo, e que se manteña a dispoñibilidade da
maioría das traballadoras/es. Pensamos que aínda non é o momento de
volver a encher os edificios xudiciais, tendo en conta que o estado
de alarma e emerxencia sanitaria continúan e, por riba, a dotación de EPIS é moi deficiente, tanto para o persoal coma para os cidadáns,
polo que o risco de contaxio segue a resultar alto, polo que na videoconferencia e nas nosas alegacións así llo trasladaremos ao equipo ministerial.
Comentarios
Publicar un comentario