Saltar ao contido principal

OPOSICIÓNS PENDENTES E CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO DE TRASLADOS:
Na videoconferencia realizada hoxe co Ministerio de Xustiza concretouse que neste tema existen, de momento, bastantes problemas para poder afrontar a posible convocatoria do concurso de traslados, polas serias dificultades en contactar coas CCAA para establecer as vacantes a convocar. En tanto en canto non se proceda á correspondente desescalada nas distintas administracións públicas vai resultar moi dificil realizar a convocatoria deste proceso e como moi pronto barállase como data orientativa finais de xuño.

CONVOCATORIAS DE OPOSICIÓNS:
O Ministeiro indicou neste tema que, dada a parálise xeral que produciu o Covid-19 en todos os procesos selectivos, o que máis se vai a resentir será a oposición do corpo de Auxilio Xudicial, posto que dado o volume de persoas que se poden presentar hai que artellar un sistema que permita realizar as probas para acceso a dito corpo. En canto ao resto de procesos, xa case todos rematados ou a punto de rematarse, os tribunais están retomando as baremacións e correccións pendentes a través de sistemas de videoconferencia.

Corpo de Xestion PI: Retomouse a baremación de méritos e está pendente a publicación provisional da mesma.

Corpo de Xestion Libre: Estase efectuando a correccion do 3º exercicio e a seguir producirase a petición de documentación para a correspondente baremación de méritos.

Corpo de tramitación PI: Pendente de realización das probas optativas de idioma autonómico.

Corpo de Tramitación Libre: Prevese a realización do examen de Word para antes de finais de xullo.

Corpo de Auxilio: Como xa vos informaramos con anterioridade, debido ao elevado número de opositores (sobre uns  40.000), están tratando de buscar a mellor fórmula para o desenvolvemento das probas e, por iso, manéxase o último trimestre deste ano para a relización das mesmas.

Ligazón nota informativa:
https://drive.google.com/file/d/1bXz4m6m641qVKnGtuxlXqRyaIq-tnTSu/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr