As seis centrais sindicais solicitamos a integración na Comisión de coordinación da situación de crise creada ao amparo da Orde SND/261/2020, na mesma situación na que están integrados, ademais do Ministerio de Xustiza e as CCAA con competencias en medios persoais e materiais; o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado e o Consello Xeral da Avogacía.
En canto ao plan de actuación deberá ser proposto polo Ministerio de
Xustiza, que o elaborará en coordinación co Consello Xeral do Poder
Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado, as comunidades autónomas con
competencias na materia e o Consello Xeral da Avogacía Española ( CGAE),
da mesma forma que vén facendo con todas as medidas sobre a prestación
dos servizos esenciais por parte dos funcionarios ao servizo da
administración de Xustiza durante a contención da pandemia e por iso solicitamos tamén a participación na negociación e implementación de dito plan de actuación. A estes efectos remitiuse un escrito ao Ministerio de Xustiza a fin de que valore e tome en consideración estas peticións.
Nota de prensa:
Ligazón plan de actuación:
Comentarios
Publicar un comentario