Saltar ao contido principal

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA A DECLARACIÓN DE ESPECIAL SENSIBILIDADE

O pasado 17 de abril publicouse o Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), polo que se establece a Guía preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo obxecto é, en aplicación dos procedementos de actuación aprobados polas autoridades estatais, establecer o protocolo interno de actuación á hora de abordar a prevención da infección do coronavirus desde a óptica da súa prevención no eido laboral, así como establecer os mecanismos de protección dos traballadores, con especial referencia a aqueles potencialmente sensibles. Na videoconferencia mantida onte, 28 de abril, trasladóuselle á Dirección Xeral de Xustiza a necesidade de publicar unha Instrución na que se detallen os pasos a seguir polas traballadoras/es a hora de ter que xestionar a partir do inicio do proceso de desescalda a solicitude de especial sensibilidade. Debe de indicarse a quen ten que ir dirixida dita solicitude e de que documentación xustificativa ten que dotarse a mesma. A canle a usar para remitir ditas solicitudes debería de ser a OPAX. A partir do momento en que a Dirección Xeral poña en marcha este procedemento e concrete o órgano receptor das peticions, aquelas traballadoras/es especialmente sensibles deberán realizar as súas solicitudes polo cauce establecido a fin de determinar se resulta necesaria a adaptación de posto, o cambio do mesmo ou pasar á situación de IT por especial sensibilidade (O Ministerio de Sanidade definiu como grupos epecialmente sensibles para COVID 19 ás persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular, incluida hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamiento activo, embarazo e maiores de 60 anos. 

https://drive.google.com/file/d/17EbQTpU0FKYc2C89oX46hC8AbpAfblmk/view?usp=sharing


Ligazón Guía preventiva ante o Coronavirus:
https://drive.google.com/file/d/1p8wSPaimPRE7REi5wseCap4dHikXUcfD/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr