Saltar ao contido principal

PROXECTO DE TELETRABALLO DO MINISTERIO DE XUSTIZA

O Ministerio de Xustiza trasladounos un borrador sobre o proxecto de teletraballo que vai implementar no seu territorio e que pretende que sexa á súa vez exemplo e acicate para o resto de Comunidades Autónomas. 
Nas nosas alegacións indicamos que, ademais do teletraballo, debe de potenciarse nestes meses tamén a creación e dotación de Servizos Comúns de Atención ao Cidadán que eviten consultas órgano a órgano, o que repercutirá na seguridade e a saúde de traballadores e dos propios cidadáns, ao non ter que andar pululando os mesmos por todas as dependencias xudiciais a fin de recabar información sobre os seus procedementos. Así mesmo, deben de poder establecerse servizos de cita previa neses órganos e noutros que puidesen ser susceptibles desta medida. 
En canto á prestación do teletraballo, estando de acordo co carácter voluntario da adopción do mesmo, cremos que, a este respecto, débese establecerse unha preferencia permanente (non só na primeira fase como establece o borrador) para aquel persoal que estea en situación de vulnerabilidade ou que deba cumprir cun deber inescusable en relación co coidado de fillos ou persoas maiores dependentes. Nesta primeira fase, resulta imprescindible coñecer primeiro o número de voluntarios que cumpran todos os requisitos, atendendo á xurisdición onde se poida adaptar antes este modo de traballo e, escalonadamente, introducilo máis paulatinamente naquelas que requiran máis tempo. Un exemplo claro é as fiscalías, onde adoitamos atoparnos con servizos moi grandes, dotados cun persoal numeroso e que polo seu labor son quizais uns dos servizos máis idóneos para implementar esta primeira fase. Para esta fase de selección de posibles candidatos voluntarios resulta imprescindible a inmediatez, polo que o normal sería crear un formulario web, ben a través de AINOA (OPAX en Galiza), ben a través da remisión dunha ligazón de acceso ao devandito formulario web, remitido a través do correo corporativo, cunha dobre securización, remitindo con posterioridade unha segunda ligazón de confirmación, ben ao propio correo corporativo ben ao teléfono mobil autorizando expresamente esta forma de comunicación.
Ligazón proxecto teletraballo Ministerio:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr