Dende a CIG, vimos de presentar un novo escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza para que os responsables da mesma fagan algo máis que un corta e pega, e se publique dunha vez unha resolución clara e concreta coa relación do persoal que debe atender os servizos esencias de xeito presencial e os que van a estar en réxime de dispoñibilidade, que fixe as gardas nas distintas sedes e que elimine as dúbidas e desigualdades que ten o persoal destinado na comunidade autónoma, dependendo na provincia onde se esté destinado, como así se fixo na resolución do 15 de marzo de 2020.
Ligazón escrito presentado:
Comentarios
Publicar un comentario