Saltar ao contido principal

SOLICITAMOS QUE SE DEIXE SEN EFECTO A RESOLUCIÓN DE SERVIZOS MÍNIMOS PRESENCIAIS DO 15/04/2020

1.- Que se deixe sen efecto a RESOLUCIÓN DO MINISTRO DE XUSTIZA DO 13 DE ABRIL DE 2020 POLA QUE SE ADAPTA A PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE XUSTIZA Ao REAL DECRETO 487/2020, DO 10 DE ABRIL, en tanto se manteña a vixencia do estado de alarma e as autoridades sanitarias aconsellen a finalización plena do confinamento. 
2.- Subsidiariamente, que se pospoña a entrada en vigor da referida Resolución ata que se verifique a subministración de equipos de protección completos e suficientes para dotar a todo o persoal que en cumprimento da mesma deba prestar o servizo en modo presencial, mantendo como máximo a dotación prevista na Resolución de data 30 de marzo do Ministro de Xustiza e as correlativas ditadas polas diferentes Administracións prestacionais. 
3.- Que se informe ás organizacións sindicais co maior detalle dos medios de protección que foron fornecidos e que van poñerse ao dispor do persoal, con carácter previo ao comezo da súa actividade nos órganos xudiciais e fiscais de todo o Estado, suspendéndose a actividade nos centros de traballo concretos que non dispoñan dos equipos de protección de forma temporal ata que non se corrixan as deficiencias que se detecten.
Ligazón nota informativa conxunta:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.