Saltar ao contido principal

SOLICITUDE DE MESA DE TELETRABALLO EN GALIZA

O Ministerio de Xustiza ven de trasladarnos o “PROYECTO DE IMPLANTACIÓN DE UN SISTEMA DE TRABAJO A DISTANCIA PARA FUNCIONARIOS DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL AMBITO TERRITORIAL NO TRANSFERIDO”, negociando o mesmo coas OO.SS. presentes na mesa sectorial de xustiza en Madrid.
Dada a situación laboral creada durante o estado de alarma derivado da crise
 do Covid-19, sería necesario por en marcha un proxecto de regulación do teletraballo que permita aos funcionarios da Administración de Xustiza en Galiza que, de xeito voluntario queiran acollerse a esta medida, traballar dende os seus domicilios coas garantías laborais e tecnicas necesarias. Polo tanto, sen prexuízo da regulamentación básica da Orde de 20 de decembro de 2013 e da Orde de 5 de setembro de 2016, dada a peculiaridade tanto da tramitación como da materia xudicial, faise necesario e imprescindible fixar un marco regulador propio no que se establezan, entre outros moitos aspectos, non só as fases de implantación do teletraballo na Administración de Xustiza de Galiza, para non medrar dun xeito desordeado e aleatorio como o está a facer actualmente, se non tamén, o persoal e centros afectados, os requisitos de conexión, tempos de teletraballo e de presencialidade anual, evaluación dos postos de traballo a efecto de prevención de riscos, etc. 
Por todo iso solicitamos da Dirección Xeral de Xustiza  a convocatoria urxente da Mesa Sectorial, a través dunha videoconferencia, para negociar un proxecto de teletraballo que permita aos funcionarios da Administración de Xustiza en Galiza acollerse, de xeito voluntario, a esta medida e traballar dende os seus domicilios cunha regulamentación que non só estableza os parámetros esenciais para a prestación dese servizo se nón que protexa os seus dereitos laborais.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr