Saltar ao contido principal

VIDEOCONFERENCIA CO MINISTRO DE XUSITZA - NOVO REAL DECRETO DE MEDIDAS URXENTES

Hoxe, xunto coas organizacións sindicais CSI-F, STAJ, CCOO, UXT e ELA mantivemos unha videoconferencia co Ministro de Xustiza. O ministro pivotou a súa intervencion sobre tres cuestións de vital importancia para enfrontrar os seguintes meses coas suficientes garantías para evitar a propagación do virus, o que precisamente incide de xeito fundamental na distancia que debería manter o persoal na súa futura volta ao traballo. 

Á vista do manifestado, o Ministerio de Xustiza quere publicar unha norma, con caracter urxente, que teña unha duración temporal de ata os tres meses posteriores á suspensión do estado de alarma, na que básicamente se adopten tres  medidas fundamentais para poder realizar a desescalada e reincorporación do persoal coas suficientes garantías.

Primeira: Sen prexuízo de ir potenciando a funcionalidade do teletraballo, dado o tempo que requerirá o total desenvovemento desta medida, a primeira das cuestións  expostas foi recoller a posibilidade de implementar que parte do persoal poda, de xeito voluntario e negociado, realizar a súa xornada laboral polas tardes, co que se establecerían dúas quendas para o persoal dos órganos.

Segunda: O ministro tamén expuxo as posibles dificultades para cubrir todas as prazas debido á necesaria distancia, a incidencia da enfermidade ao longo do tempo, ou a pertenza dos traballadores aos distintos grupos de risco. Por dita razón, a segunda das cuestions a recoller na mencionada normativa sería a de autorizar a mobilidade dos funcionarios entre órganos xudiciais da mesma orde xurisdicional e sempre na mesma localidade na que se atopen destinados, previa negociación coa representación dos traballadores.
Terceira: Por último, referiuse á necesidade de habilitar algunhas semanas de agosto para sacar adiante o previsible incremento de asuntos que se producirá tras o levantamento do estado de alarma. O Goberno comprometeuse a aprobar plans de choque nas xurisdicións Social e Contencioso-Administrativa, así como nos xulgados do Mercantil.

A CIG, na negociación posterior á publicación do Real Decreto, tal e como se lle manifestou ao Ministro, exporá as alegacións correspondentes a fin de regular polo miudo as tres medidas  expostas para que os dereitos das traballadoras/es da Admón. de Xustiza queden salvagardados, concretamente no establecemento e horario das quendas, da voluntariedade e da posible mobilidade.

Ligazón rolda de prensa Ministerio:
https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ministerio/gabinete-comunicacion/noticias-ministerio/campo-reclama-sindicatos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.