Hoxe asistimos a unha nova videoconferencia co Ministerio de Xustiza, a fin de facer alegacións ao borrador de novos servizos mínimos presenciais para aplicar a partir do mércores 15 de abril.
Poucas cousas modificou o Ministerio a pesares das alegacións realizadas dende todas as centrais sindicais, nas que se fixo moito fincapé en que debería de manterse o sistema actual de dispoñibilidade por máis tempo, evitando a permanencia do persoal nos centros de traballo, máxime as dificultades que está tendo a adminstración para distribuir EPIS en todas as sedes xudiciais.
Ao parecer si que admitiron alegacións doutros estamentos xudiciais, como por exemplo aumentar a presenza de persoal do corpo de auxilo xudicial que no borrador non aparecía. Os nosos xefes están na casa teletraballando, no mellor dos casos, e fan que o Ministerio mude a súa posición inicial e mande a máis "tropa" de forma presencial aos xulgados. Como en toda guerra, os soldados rasos somos prescindibles e substituibles por outros soldados rasos, mentras outros de maior importancia ou relevancia suposta agardan na retagarda. Nos estamentos xudiciais xa non quendan ningunha "Mariana Pineda" ou "Enriqueta Otero" que vaian á cabeza da batalla.
Ligazón nova Resolución mínimos presenciais:
Comentarios
Publicar un comentario