Como
se dunha milagre de Saturnalia se tratase, digna dunha investigación de
Iker Jimenez en "Cuarto Milenio" e, grazas exclusivamente aos nosos
compañeiros de SPJ-USO (deben ser os únicos con correo electrónico neste
momento), a Dirección Xeral de Xustiza tivo a ben convocarnos a unha
xuntanza INFORMATIVA sobre as medidas adoptadas polo Ministerio de
Xustiza na Orde JUS/394/2020, de 8 de maio.
Desde
a CIG solicitamos (a ver se temos sorte e chega o correo electrónico), que a reunión non sexa só a efectos
informativos, senón que sirva para iniciar desde xa a negociación das
adaptacións, ao noso territorio, das condicións de traballo recollidas na
citada orde. Entendemos
que, a día de hoxe, todas as OO.SS. sabemos cales son os efectos da orde
publicada no BOE (nós, ao igual que o resto de organizacións sindicais,
agas SPJ-USO e CUT, estivemos presentes na negociación),
polo que a información debe dar paso a iniciar, na mesma reunión, o proceso de negociación antes indicado, como así o sinala a propia orde
para as CC.AA. con competencias transferidas.
Comentarios
Publicar un comentario