Saltar ao contido principal

DOCUMENTACIÓN E TRÁMITES A REALIZAR PARA OS PERMISOS DE DEBER INESCUSABLE E PESOAL DE RISCO

DEBER INESCUSABLE MENORES 14 ANOS:

Requisitos a cumprir:
1) Que deben ser menores de 14 anos que convivan coa funcionaria/o ou, tamén aqueles outros menores cuxa garda ou custodia lles impida realizar  a normal participación nas quendas presenciais.
2) Que a funcionaria/o non poida flexibilizar o horario de traballo ou que non poida desenvolver a súa actividade ordinaria na modalidade de teletraballo.

Obxeccións:
Segundo o Director Xeral nesta fase non hai horario flexible, polo que de flexibilidade horaria nada de nada. En canto ao de teletraballo, como é voluntario, pois non se pode impoñer esta modalidade, xa que non está recollida en ningunha regulamentación nin na RPT, entre outras cousas porque non hai RPT.

Documentación:
1) Copia do libro de familia
2) Volante de empadroamento familiar ou, no seu defecto, declaración responsable de convivencia o máis detallada posible sobre a situación de coidado dos menores.

MAIORES 14 ANOS DEPENDENTES:

Obxeccións: O feito de que se consigne este permiso para os maiores dependentes o é sobre todo pola súa dependencia, pero tamén por ser grupo de alto risco fronte a un contaxio polo que non é de recibo que se solicite a documentación de dependencia cando, por unha banda ditos servizos de valoración das depencias están colapsados e ademais seguramente sufriron un paron por mor da situación do Covid-19.

Documentación:
1) No seu caso copia do libro de familia ou certificado de empadroamento familiar para xustificar o parentesco e/ou a convivencia.
2) Copia do documento expedido polo organismo competente no cal conste a situación de dependencia ou, no seu caso, certificado do peche do centro no cal estaba a recibir atención a persoa dependente. No seu caso nós recomendamos que en defecto dos documentos relacionados nesta epígrafe se remita tamén informe médico sobre discapacidade, certificado de minusvalía e mesmo unha declaracion responsable para poder explicar máis concretamente a situación de posible dependencia.

En canto ao prazo de 2 días é curioso que a propia Resolución indica que os mesmos empezan a contar dende o día seguinte a súa publicación que foi o 25 de maio, mentras que na disposición 7 da mesma se establece que a norma entra en vigor o día 26 polo tanto entendemos que non se pode empezar a computar antes de que entre en vigor unha norma; así pois o cómputo de prazos deberían ser o 27 e 28 de maio pero debería a administración aclarar dito extremo.

PERSOAL ESPECIALMENTE SENSIBLE OU EN RISCO:

Obxeccións: Entendemos que este persoal debería de ter preferencia para acollerse ao sistema de teletraballo, pero ainda de momento non temos a confirmación da administración neste senso, pois moito nos tememos que o servizo de prevención vai a validar a reincorporación da maioria do persoal nesta situación pois na administración, con medidas de seguirdade e distancia social entendese que o risco e nulo ou moi baixo segundo as propias clasificacións de sanidade.

Documentación:
1) Enviar a solicitude correspondente ao servizo de prevención empregando o modelo correspondente e ao correo electrónico prevencion.riscos.laborais@xunta.gal.  O modelo para está preparado para que o poidades cubrir no ordenador en formato PDF.  Se queredes tamén o poderes asinar electronicamente na páxina VALIDe.

https://drive.google.com/file/d/18sR1Gf0Vl6rAmVpKcOjazXCkpLQm-uUq/view?usp=sharing

2) Remitir ao correo electrónico do servizo de xustiza correspondente o xustificante do correo electrónico enviado a prevención de riscos.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr