Saltar ao contido principal

ESTE 17 DE MAIO, DESCONFINEMOS A LINGUA!!!

A CIG a través da plataforma Queremos Galego, da que forma parte, chama a sociedade a "desconfinar" a nosa lingua, o 17 de maio, pendurando de xanelas e varandas a bandeira galega e cartaces co lema "Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión" como os que a  plataforma ofrece desde a súa web, listos para descargar e imprimir en diferentes formatos. https://www.queremosgalego.gal/2020/05/05/17-de-maio-cartaces-para-imprimir/

Desde a CIG, queremos convidarvos a todas as persoas que queredes a
Galiza e que sabedes que a lingua nos fai ser e existir como pobo, a vos
sumar a esta acción da plataforma QUEREMOS GALEGO, participando destes
tres xeitos:

        * TODO O DÍA:

        * Pendura a bandeira galega da túa xanela ou varanda e os cartaces
disponíbeis aquí [1] (tamén para pintaren as nenas e nenos)

        * ÁS 12H:

        * Maniféstate nas redes con mensaxes escritas, vídeos, fotografías,
audios… utilizando as etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego
#17demaio #Eufalogalego

        * ÁS 13H:

        * Sae á xanela a cantar: A fala [2] (letra: Manuel María; música
Uxía- Sérgio Tannus)

Desconfinemos a lingua, a súa normalización é tamén necesaria para
os avances sociais e democráticos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr