Saltar ao contido principal

SOLICITUDE COMO PERSOAL VULNERABLE OU DE RISCO

Conforme á Resolución desta Dirección Xeral do 11 de maio de 2020, pola que se traslada ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19, disponse que o persoal que, por ser grupo de risco, solicitase o permiso por deber inescusable, autorizaríaselle dito permiso de forma provisional ata recibir o informe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No DOG do 19 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 18 de maio de 2020 , da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio de 2020.  Entre os acordos publicados, figura o relativo á Guía de actuación preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo obxecto é, en aplicación dos procedementos de actuación aprobados polas autoridades estatais, establecer o protocolo interno de actuación á hora de abordar a prevención da infección do coronavirus desde a óptica da súa prevención no eido laboral, así como establecer os mecanismos de protección dos traballadores, con especial referencia aos especialmente sensibles.

Na definición do procedemento ao seguir o/a traballador/a deberá presentar unha solicitude ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, na cal exprese que concorren causas para a súa consideración como grupo vulnerable.

A dita solicitude deberá ser remitida polo/a traballador/a ao correo electrónico: prevencion.riscos.laborais@xunta.gal

Deixámosvos o modelo para que o poidades cubrir no ordenador en formato PDF.  Se queredes tamén o poderes asinar electronicamente na páxina VALIDe

Necesitaredes:

1) Ter instalado un lector de tarxeta ou ben xa ter instalado un certificado electrónico no propi ordenador.
2) Instalar a aplicación autofirm@ no voso equipo (no xulgado xa está instalado) ou instalar a aplicación de sinatura da propia páxina VALIDe.

Noutro caso tamén poderedes imprimilo, cubrilo e asinalo a man, e logo escanear a solicitude e mandala ao enderezo electrónico indicado.

Ligazón solicitude:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.