O pasado día 28 de abril, no Comité de Seguridade e Saúde Laboral, tras a publicación da RESOLUCIÓN do
16 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, pola Confederación Intersindical Galega (CIG)
solicitouse que a Dirección Xeral de Xustiza publicase unha Instrución na que se
recolleran os procedementos a seguir polo persoal que na actualidade está exento de
acudir as quendas de traballo por considerarse persoal sensible ao padecer algunha
das patoloxías consideradas como de risco.
En base ao anterior e, toda vez que a Dirección Xeral non emitiu dita Instrución, voltamos a reiterar a petición a fin de que se clarifique esta situación para que as compañeiras/os saiban a que aterse no caso de pertenza a un deses grupos máis vulnerables.
Ligazón escrito presentado:
Comentarios
Publicar un comentario