Publicada no seu día a RESOLUCIÓN
do 6 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística,
pola que se convocaban as probas para a obtención dos certificados de
lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020, debido á situación xerada pola evolución epidemiolóxica
do coronavirus COVID-19, o Centro de Coordinación Operativa (Cecop),
adoptou o seguinte acordo:
"Suspéndense os termos e interrómpense os prazos
para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O
cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o
presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste".
Polo tanto isto afecta aos prazos de solicitude de participación nas probas Celga convocadas pola resolución arriba indicada.
Ligazón "O Portal da Lingua Galega":
Comentarios
Publicar un comentario