Saltar ao contido principal

AVALIACIÓN DE RISCOS PARA SALAS DE VISTA E ACTOS DE COMUNICACIÓN, EMBARGOS E LANZAMENTOS

Recentemente se nos deu traslado da avaliación de riscos realizada pola empresa Cualtis, en relación coa realización de actos de comunicación, embargos e lanzamentos. Como consecuencia dese informe de avaliación a administración debería de implementar unha guia ou protocolo de actuación baseado na mesma, explicando e concretando como e con que medidas de seguridade laboral se deben levar a cabo ditas actuacións procesuais. A día de hoxe aínda non foi realizada dita guia/protocolo, como tampouco o foi a guia/protocolo de actuación nas salas de vista, cando noutras comunidades autónomas como a de Canarias ou a de Andalucía xa se realizaron pola adminsitración autonómica os mesmos. Aquí segue a aducirse neste caso, a competencia dos xuices e maxistrados na súa función de policia de estrados como obstáculo, ao parecer  insalvable, para establecer este tipo de protocolos por parte da administración, cando a función de policía de estrados en ningún caso pode comprender e moito menos entorpecer unha función plenamente administrativa como é a e garantir a saúde laboral de todos os funcionarios presentes na sala de vistas, así como do resto de profesionais e público, no seu caso. Unha cousa e levar a dirección dunha vista, así como manter a orde e guiar o desenvolvemento do acto dun xuizo e outra moi diferente velar pola saúde laboral dos presentes. Así pois, dende a CIG vimos de solicitarlle a Dirección Xeral de Xustiza que leve a cabo  a correspondente guia/protocolo de seguridade e saúde laboral tanto para o caso das salas de vista como para o caso dos actos de comunicación, embargo e lanzamento.

Ligazón avaliación de riscos:

Ligazón guia/protocolo Salas de Vistas Canarias:

Ligazón guia/protocolo Actos de Comunicación Canarias:

Ligazón guia/protocolo Andalucía:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.