No DOG de 12 de xuño publicáronse as bases reguladoras que rexerán as AXUDAS Á CONCILIACIÓN
DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO, como
medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas
polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE
Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020.
O
prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do
día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de
Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo
ordinal do día da publicación.
Se
o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día
hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao
inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
Ligazón DOG:
Comentarios
Publicar un comentario