Saltar ao contido principal

MODIFICACIÓN DA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS

Hoxe saiu publicada no DOG  a modificación da normativa de substitucións. Esta modificación puntual levase a cabo en tanto en canto non entre en vigor a concreta orde reguladora das comisións de servizo e substitucións (negociándose actualmente) o que precisará dun tempo, polo que entrementres faise necesario proceder á modificación da actual resolución en aspectos que están a afectar ao funcionamento dos xulgados, fiscalías e outros órganos da Administración de xustiza. As modificacións agora implantadas van, por un lado, a regular a exixencia dun tempo mínimo no desempeño das substitucións  e a tentar evitar a renuncia voluntaria en calquera momento desde a adxudicación; ambas circunstancias estaban a provocar importantes disfuncionalidades nos órganos e unidades xudiciais. Por outra banda, a vixente resolución prevé, como unha das causas de finalización da substitución, a falta de desempeño durante quince (15) días hábiles, excepto no caso de vacacións. Esta regulación xa produciu algún pronunciamento xudicial en contra por ser considerada vulneratoria de dereitos en determinadas situacións, como é o caso da persoa que ten dispensa total de acudir ao posto de traballo.

Ligazón DOG:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.