RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de
Política Lingüística, POLA QUE SE CONTINÚA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE
SOLICITUDES e se adía a realización das probas convocadas mediante a
Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de
lingua galega, niveis CELGA 1, 2, 3 E 4, NO ANO 2020.
*Continuar
o prazo de presentación de solicitudes para a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020, para a obtención
dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano
2020 (código de procedemento PL500C), que será de catorce días contados
a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
*Ao
resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes
de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de
2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo
COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no
DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política
Lingüística.
Comentarios
Publicar un comentario