Saltar ao contido principal

XUNTANZA CO MINISTERIO DE XUSTIZA - PLAN DE ACTUACIÓN COVID 19

Este venres pasado mantivemos co Ministerio de Xustiza e as centrais sindicais ELA, CSI-F, STAJ, CCOO e UXT unha xuntanza a fin de que se nos traladara o plan de actuación que o Ministerio pretende por en marcha nas ordes xurisdiccionais Social, Mercantil e Contencioso-Administrativo, en base ao mandato establecido na disposición adicional decimonovena do Real Decreto-Lei 11/2020, de 31 de marzo.
1) O ministerio indica que o plan empezará do 1 de setembro ao 31 de decembro.
2) No primeiro momento contemplase actuar nas ordes Social e Mercantil xa que son as que teñen unhas previsións de cargas de traballo máis elevadas.
3) Existe o problema de non ter ainda, a día de hoxe, as estatísticas nin do primeiro trimestre do ano, tanto de cargas de traballo como de pendencia, cuxos datos haberá que ponderar de cara a fixar as porcentaxes que, no seu caso, darán lugar aos reforzos correspondentes.
4) En principio se propuxo que non se reforzarán os órganos que teñan unha carga de ata o 130% do módulo fixado; os que teñan entre o 130% e o 200% de carga e unha pendencia alta, acadarán o nomeamento de autoreforzos (o que se soe chamar prolongacións de xornada) e; finalmente aqueles que superen o 200% de carga de traballo terán dereito a que se acorden reforzos externos (equipos de persoal interino compostos por Xuices, Lax, Xestores, Tramitadores e Auxilios). En ambos casos as percepcións, cuxa contía non se precisou neste primeiro borrador, estarán vinculadas ao cumprimento dos obxectivos marcados no plan de actuación.

Finalmente o Ministerio trasladaranos esta fin de semana o borrador completo do plan de actuación, a fin de que se presenten alegacións ao mesmo, entendendo que dito plan debe ser o marco mínimo que se terá que fixar en todo o territorio do estado, sen prexuizo do ámbito de negociación das CCAA transferidas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.