Saltar ao contido principal

A CIG ABANDONA A ÚLTIMA MESA SECTORIAL DE MADRID

O pasado martes, 30 de xuño, o Ministeiro convocounos, xunto coas centrais sinidicais ELA, CSI-F, STAJ, CCOO e UXT a unha xuntaza para analizar o proxecto de plan de actuación Covid-19, do que nos dera traslado o día anterior as 21:00 horas. Todas as centrais sindicais reprenderon a actuación do Ministerio, de enviar un proxecto desta importancia para o seu análise e para formular alegacións con nin tan sequera 24 horas de antelación, pero dita reprimenda quedou nun "Ministerio, maliño, maliño, isto non se fai así", para acto seguido botar as consabidas peroratas e presentar unha serie de alegacións que, como ven sendo habitual, alo menos nas últimas xuntanzas cos responsables ministeriais, non deixa de ser máis que un paripé de negociación, cando un sospeita, máis ben, que tal cantidade de papel e empregada, dun xeito ecolóxico, para facer tiras duns 10 cm de ancho, pegar as mesmas, e acabar facendo un rolo que teña un mellor e máis noble propósito nos aseos ministeriais. Non será un papel suave para o novo uso que se lle vai dar, pero os españoles están acostumbrados ao "Papel Elefante", de aspecto moito máis recio e duro que o actual papel branco A4. 
Durante todo o estado de alarma a CIG realizou múltiples alegacións a todos e cada un dos proxectos ministeriais presentados a debate, porque entendía que no momento da crise había que traballar arreo, con premura de tempo e ser constructivos para sacar os temas cara adiante, pero a posición da CIG neste momento de "retorno a normalidade"  foi o de non consentirlle a administración estatal este ninguneo, pois non é de recibo poñer enriba da mesa este borrador de plan de actuación con tan pouquisimo tempo para o seu análise, motivo polo cal non só se lles reprendeu por dita actitude, se non que se lles comunicou que a CIG non ia facer alegacións ata en tanto en canto non se remitira este documento con tempo suficiente para poder realizar a súa lectura e análise pormenorizado e que, en consecuencia, se abandonaba esa mesa sectorial nese momento.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr