Saltar ao contido principal

SENTENZA QUE PON EN ENTREDITO A CARREIRA PROFESIONAL

A CIG ven de gañar, con respecto ao persoal autonómico, a primeira sentenza pola que se pon en entredito a carreira profesional asinada polos sindicatos CCOO e UXT (titeres do Sr. Feijoo) e pola que se recoñece o dereito á carreira profesional do funcionariado interino.
A decisión anula, POR DISCRIMINATORIO, un acordo entre a Xunta, CCOO e UXT.
Segundo a sentenza, o persoal interino, tanto funcionario como laboral, tería que dereito a acceder ao grao I da carreira administrativa.
Agora queda por ver os efectos desta sentenza na irmá pequena da carreira profesional deseñada polos responsables autonómico que eufemísticamente viu en chamarse "Traxectoria Profesional" pero que curiosamente contou cos mesmos actores pola parte sindical, CCOO e UXT, máis o colaborador necesario, SPJ-USO.

Ligazón:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.