Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL XUSTIZA - 31-07-2020

Hoxe día 31 de xullo celebrouse por videoconferencia unha mesa sectorial coa
seguinte orde do día.

1. Implantación do réxime extraordinario do acceso ao Grao 1 da traxectoria
profesional.
A CIG volveu manifestar o seu rexeitamento a este “chanchullo” , polo que non entramos a valorar o documento remitido pola DX, anunciando que este sindicato xa ten informe de viabilidade dos seus servizos xurídicos para intepoñer a correspondente demanda contenciosa contra o Acordo. O que si quixemos salientar é que non nos parece de recibo que se valore, á hora de acadar o Grao 1, a dispensa horaria para facer labores sindicais. O labor sindical non debe ser recompensado deste xeito e as persoas que o desenvolven non teñen que ter nin vantaxes nin desvantaxes por ese feito.

2. Plan de actuación de medidas urxentes
A DX, lonxe de elaborar un documento propio a partires do aprobado no Consello de Ministros do 7 de xullo, limitouse a tras poñe r o que neste se contempla para Galicia, sen ter en conta o incremento de traballo por mor do Covid noutras vilas, como Compostela, nin en xurisdicións distintas á Social e a Mercantil (nos Xulgados de Familia, por exemplo). Dende a CIG solicitamos que a Dirección Xeral elabore un documento propio máis ambicioso có estatal e que teña en conta as características propias do noso país.
En canto aos órganos do Social que se crearán no último trimestre deste ano (A Coruña, Vigo e Lugo), contarán co mesmo cadro de persoal que os existentes (2 xestión, 4 tramitación, 2 auxilio).

3. Acordo para o pagamento do punto adicional para o corpo de secretarios de Xulgados de Paz.
Queda pendente da sinatura, que se producirá na sema que ven.

4. Intervencións.
A preguntas da CIG, a DX confirmou o que xa este sindicato lle comunicou, que a reforma da Orde de interinos presentada provocará problemas e que se convocará a Comisión paritaria a principios de setembro para estudar o tema.

Sobre a realización de PCRs ás médicas e médicos forenses, a DX remítese a criterios de Sanidade, quen está a levalos a cabo por grupos afectados e non por sectores profesionais.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.