Saltar ao contido principal

PROBAS PCR DE SEGUEMENTO E DETECCIÓN DUN CASO POSITIVO

Segundo se nos comunicou pola Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a unha consulta realizada por esta central sindical, una vez analizada pola autoridade sanitaria a necesidade de realización da proba PCR, tanto por contaxio directo  de Covid-19 como por contaxio por contacto estreito cunha persoa diagnosticada de Covid-19, a efectos do  Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de saúde pública en relación co "Protocolo sobre illamentos e corentenas para a prevención e o control da infección polo SARS-CoV-2" , cabe destacar as seguites cuestións:

1) Todo o persoal, tanto o que teña ao Sergas como entidade médica como o que teña una entidade privada como entidade médica, terá un historial clínico aberto a estes efectos. Polo tanto, será nese historial clínico onde se teñan  que notificar e realizar as anotacións correspondentes a evolución dun posible contaxio.

2) En principio, o custe das probas PCR, no caso do persoal adscrito a entidades médicas privadas, cuxa realización fora decidido pola autoridade sanitaria pública, tanto para a detección por contaxio directo como por contacto estreito cun caso positivo, será por conta do Sergas, en base a unha Instrución do Ministerio de Sanidade, por tratarse dun tema de saúde pública.

Ligazón:

https://drive.google.com/file/d/19PIbLJ8dCyVsEtvqgzrtZx9Pj1SmbfeC/view?usp=sharing



Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.