Saltar ao contido principal

INFORMACIÓN RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS ACCIÓN SOCIAL 2020

Na xuntanza da comisión de acción social 2020 celebrada no día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza ven de informar:


1. Foron presentadas 129 solicitudes con 134 beneficiarios, das cales 102 foron concedidas
provisionalmente con 106 beneficiarios.
Foron denegadas provisionalmente 23 solicitudes, 15 por falta de de documentación, e 8 validadas e presentadas en papel, non constando incidencia ao CAU. No programa constan 4 solicitudes en borrador.


2. A resolución da DXX que aproba as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social publicaranse no DOG probablemente a mediados de outubro.
 

3. Pagamento: tense que facer antes de que acabe o ano 2020. 

Recordatorio: as axudas do programa de atención de persoas discapacitadas do fondo de acción social ascendeu a 21.911,00 €. Unha aproximación as contías das axudas tendo en conta o grao de discapacidade sería:


- Do 33% ao 64%: 300 €
- Do 65% ao 74%: 600 €
- Do 75% en diante: 1.200 €
 

Estes importes poderanse ver reducidos ou incrementados proporcionalmente a causa do número de instancias presentadas ata que o montante global non supere os 21.911,00€.
 

Por mor do carácter persoal dos datos vinculados a estas axudas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr