Saltar ao contido principal

TEMOS RECURSOS E NON OS EMPREGAMOS. ASÍ NOS VAI A COUSA.

Recentemente a Comunidade Autónoma Andaluza sacou a licitación un concurso de adxudicación dun servizo de cita previa para 24 Rexistros Civís da súa comunidade autónoma http://www.juntadeandalucia.es/presidencia/portavoz/gobiernoaldia/154730/Justicia/CitaPrevia/Internet/RegistroCivil. Pois ben, en Galiza a Xunta, tal e como nos comentou o Director Xeral de Xustiza na última xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, ofreceulle ao TSXG o servizo de cita previa que xa ten funcionando na actualidade e, os representantes xudiciais rexeitaron dita opción mantendo como única alternativa a atención telefónica. Ninguén se explica porque, se xa temos un sistema de cita previa posta a nosa disposición, nin tan sequera se fai unha experiencia piloto nalgunha vila das importantes para poñer en marcha ese servizo na administración de xustiza. Seguimos na prehistoria das consultas telefónicas, cando de todos é sabido que a maioría da información que manexamos e sensible e non se pode comunicar abertamente por teléfono a calquera que a pida e, moito menos, sen un mínimo protocolo e instrucións de seguridade e confirmación de que o usuario de atención telefónica e quen di ser. En todo caso, poderían ser dous sistemas perfectamente compatibles, pois se a consulta non pode ser atendida telefónicamente, no mesmo momento se lle pode facilitar ao cidadán unha cita previa para acudir persoalmente ao xulgado correspondente. No eido dos rexistros civís ainda tería moita máis incidencia (por iso os andaluces o pretenden implantar aí) porque, dunha parte evitarías as colas que se forman en determinados rexistros civis e por outra regulas moito mellor a asistencia de persoas as dependencias xudiciais por mor do Covid-19. En fin, a ver se a algún dos nosos responsables se lle acende a bombilla.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr