Saltar ao contido principal

XUNTANZA CO DEPUTADO DO BNG IAGO TABARÉS


Membros da Dirección Nacional do Sector de Xustiza da CIG, mantivemos un encontro co deputado do grupo parlamentario do BNG, Iago Tabarés.
De cara á nova lexislatura, CIG-Xustiza trasladoulle a Iago Tabarés as necesidades máis importantes da Xustiza no noso país, entre outros:
 
* Creación de novos órganos xudiciais.
* Implantación da Nova Oficina xudicial.
* Investimento nas aplicacións e equipamentos informáticos.
* Normalización lingüística, para posibilitar, dunha vez por todas, a tramitación no noso idioma nas aplicacións informáticas.
* Servizo de garda de 24 horas para A Coruña e Vigo.
* Actuacións reais e eficaces en materia de Prevención de Riscos......
 
Pola súa banda o deputado do BNG comprometeuse á levar ao Parlamento galego todas as necesidades da xustiza na Galiza, mantendo contacto continuo connosco.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.