Saltar ao contido principal

ALGÚEN TEN AS IDEAS CLARAS SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL

Pódese dicir máis alto pero non máis claro. O seguinte vídeo e tan gráfico e tan explícito sobre o sistema caciquil que algúns seguen empeñados en manter e perpetuar en Galiza, en relación coa implantación dun sistema de traxectoria profesional (que non carreira profesional) facendo o recoñecemento de méritos a medida de determinados colectivos. En fin, ben merece a pena visionar o vídeo ata o final.


 


Comentarios

  1. Temos carreira gracias a SPJ-USO, UGT e CCOO. Somos a envexa de tódolos funcionari@s de xustiza do país (España).
    Outros, no canto de defendernos ós traballadores seguides a xogar, facer vídeos absurdos e facer un sindicalismo político que non vale para absolutamente nada.... patéticos e mentireiros Staj, Cut e vós.
    Basta xa!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Perdoa pola tardanza en contestar pero os comentarios do blog, por algún motivo, non chegaban correctamente ao noso correo.
      Primeiro damos importancia ao teu dereito a liberdade de expresión pero non deberías escudarte no anonimato para lanzar adxectivos descalificativos como o de "mentireiros".
      Segundo, indicarche que non temos carreira profesional porque o Ministerio de Xustiza non a ten aprobada segundo o establecido na Ley Orgánica do Poder Xudicial (por certo modificación metida na LOPX a instancia dalgún dos sindicatos estatais asinantes aqui da traxectoria profesional). Isto que temos e un amaño legal que eufemísticamente tiveron que chamar "Traxectoria Profesional" porque legalmente non se lle podía chamar carreira profesional, e xa veremos se pode seguir así cara adiante.
      Terceiro, igual os xestores non pensan o mesmo ca ti porque a día de hoxe aínda non percibiron ningunha retribución por dita traxectoria profesional.
      Cuarto, este tipo de amaño legal non deixa de ser outra versión da politíca caciquil e de servilismo que a algún sindicato corporativo lle gusta tanto aplicar e seguir.

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr