Saltar ao contido principal

AS XESTORAS/ES DE PAZ POR FIN COBRARÁN O SEU COMPLEMENTO POLAS FUNCIÓNS DE SECRETARIO

Hoxe, por fin, remata a peregrinaxe polo deserto, como se dos israelitas se tratase, das/os xestores dos xulgados de paz en funcións de secretaría,  da reclamación iniciada no seu día por esta central sindical en base a múltiples sentenzas xudiciais gañadas pola CIG nos distintos xulgados da comunidade autónoma, e que algúns se intentarán arrogar como mérito propio. No DOG do 2/10/2020 saiu finalmente publicada a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 17 de setembro de 2020 polo que se aproba o acordo acadado o 3 de agosto de 2020, entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Xustiza, sobre a modificación das retribucións do posto de xestor/a procesual secretarios/as de xulgados de paz (IV-D), para os efectos de retribuír, nun punto adicional, o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz.
 
Ligazón:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr