Saltar ao contido principal

AUTOFORMACIÓN INAP

O 28 de outubro, a través do CAMPUS INAP, iníciase unha experiencia de aprendizaxe en liña "Ao teu ritmo" sobre "Competencias Dixitais", que son as habilidades que se utilizan para buscar, obter, procesar e comunicar información, e así transformala en coñecemento. Nesta experiencia de aprendizaxe abórdanse as competencias dixitais cunha visión integral e o contido estrutúrase en varios niveis de complexidade, partindo das nocións máis básicas, para poder adaptarse a un público máis amplo. Cando finalice a actividade de "Competencias Dixitais" non se obterá certificación sobre a súa realización, aínda que si hai outras actividades de autoformación onde é posible a obtención de certificación, sempre e cando se superen as probas de avaliación que o INAP pode establecer.

Ligazón Competencias Dixitais

https://campus.inap.es/v3/enrol/index.php?id=1539 Non se expide certificación

Ligazón Sinatura Electrónica, Certificados Dixitais e uso DNIe:

https://campus.inap.es/v3/enrol/index.php?id=1585 Pódese expedir certificación tras probas de avaliación 

Ligazón Sinatura Electronica-Aspectos Técnicos:

https://campus.inap.es/v3/enrol/index.php?id=1545 Pódese expedir certificación tras probas de avaliación

Ligazón Sinatura Electrónica-Aspectos Xurídicos:

https://campus.inap.es/v3/enrol/index.php?id=1595  Pódese expedir certificación tras probas de avaliación

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.