A Comisión Europea organiza o programa "Erasmus para a Administración Pública", máis coñecido como "Erasmus for Officials", destinado a novos empregados públicos dos Estados membros da Unión Europea. O programa, que se convoca entre dous e catro veces ao ano, consiste nunha estancia de dúas semanas de duración en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo, durante a que se participa en múltiples actividades diversas como job shadowing, conferencias, visitas institucionais, etc...
Para poder participar no programa Erasmus para a
Administración Pública deben reunirse os seguintes
requisitos:
- Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.
- Ter unha antigüidade na Administración non superior a cinco anos a contar desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes establecido pola Escola Europea de Administración.
- Pertencer a un corpo ou escala de funcionarios ou grupo profesional que requira estar en posesión dun título universitario.
- Ter unha antigüidade de polo menos seis meses no posto actual na Administración á que pertenza.
Ligazón información:
Comentarios
Publicar un comentario