A partir do día 22 de outubro actívase, para as fiscalías de Galiza, o Escritorio integrado do Ministerio de Xustiza. O Escritorio Integrado é unha aplicación que centraliza o acceso ás aplicacións coas que interactúa todo o persoal destinado nas oficinas fiscais. Desde o Escritorio Integrado podese acceder a todos os programas e ferramentas de uso habitual que forman parte da contorna operativa das Fiscalías, incluíndo tamén o Portasinaturas e o Visor EXE.
Agora só falta que nos ensinen a manexalo e sacarlle todo o rendemento. Menos mal que non traballamos con enerxía nuclear e sen instrucións previas no manexo do uranio, porque se é pola administración e o seu interese en formarnos saiamos todos polos aires.
Comentarios
Publicar un comentario