A CIG ven de gañar unha sentenza sobre unha reclamación histórica que se viña facendo, a través da negociación colectiva, en todas as regulacións das bolsas do persoal interino, en relación coa existencia do expediente de cesamento do dito persoal por falta de rendemento e capacidade, por entender dito expediente discriminatorio segundo xa dictaminara o Tribunal Supremo na súa sentenza de 21 de novembro de 2017, rec. 2996/2016. A sentenza actual ven a dar a razón plena a CIG nos argumentos defendidos, restaurando os dereitos da traballadora cesada e facendo que a administración autonómica teña que replantearse a existencia de dito expediente de exclusión na regulamentación do persoal interino.
Comentarios
Publicar un comentario