SOLICITUDE DO CÓDIGO DE VERIFICACIÓN DA INSTANCIA - CORPO TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017--2018
O Ministerio de Xustiza ven de informarnos que o portal IPS non está a permitir a descarga da
copia da instancia 790 de participación nas probas selectivas de
Tramitación libre, mediante o uso do certificado electrónico (ao estar só
dispoñibles, nestes momentos, as de Auxilio Xudicial) polo que, para obter o código de verificación da instancia, hai que dirixirse ao
Ministerio de Xustiza, e o sistema máis rápido é por correo electrónico.
Podedes enviar a vosa solicitude a calquera unha destas direccións de correo electrónico
do Ministerio de Xustiza (Área de Selección) ou do Tribunal de
Tramitación, quenda libre, sinalando no envío os datos persoais de cada persoa opositora, o
teléfono móbil e o enderezo de correo electrónico ao que queredes que vos envíen o
número de xustificante.
turnolibre_ tramitacionprocesal_tcu@mjusticia.es
procesos.selectivos@mjusticia.es
Comentarios
Publicar un comentario