Saltar ao contido principal

TODOS IGUAIS ANTE O COVID...OU NON

 


Asistimos perplexos á forma errática de actuar da administración (non sabemos se a xudicial, a sanitaria ou ambas) ante os casos positivos detectados nos órganos xudiciais en todo o territorio galego. Un dos casos curiosos deuse nesta semana pasada en Vigo onde, polo caso positivo da maxistrada dun Xulgado de 1ª Instancia de Vigo, só se lle fixo a PCR a dita maxistrada, enviando a mesma ao confinamento domiciliario, mentres que ao resto de persoal do órgano xudicial nin se lles fixo a dita PCR por contacto directo cun positivo, nin se lles enviou a gardar corentena no seu domiclio. Estes episodios estanse a producir, tristemente, ao longo de toda Galiza (A Coruña, Lugo, Ourense, Compostela...)
O seguinte caso é o dunha sección da Audiencia Provincial, tamén en Vigo, onde o positivo por Covid-19 detectouse nunha traballadora do centro, caso no que se fixeron probas PCR  todo o mundo, confinamento para a implicada e corentena para todo o resto do persoal xeral, maxistrados e letrada (esta última, por certo, tivo que facerse a PCR ela pola súa conta). 
Cal é o elemento común e cal é o disonante nestas dúas historias e que chama moito a atención, pois que mentras a "superioridade" este protexida os demais, os corpos xerais, importan pouco. No primeiro caso á maxistrada xa se lle fixo a PCR e, como deu positivo, pois  a gardar confinamento para casa e nos esquecemos do resto de traballadoras/es en contacto directo con dita maxistrada e, no segundo caso,  como o positivo foi unha traballadora, non só ian mandar a dita traballadora a gardar confinamento na súa casa e que os maxistrados quedaran sen facer a PCR e, como non se lles podía facer só a eles (quedaría feo), pois probas PCR para toda a sección da Audiencia Provincial.
De todos os casos que se levan producido na nosa  Comunidade, nin houbo PCR  para o persoal con contacto directo cun positivo, nin corentena, algo que se pediu repetidamente por este sindicato dende o mes de marzo tal e como se establece na regra fixada por sanidad: "contacto directo cun positivo por máis de 15 minutos, realización de PCR e corentena".
Benvidas sexan as probas e a corentena, pero para todas e en todos os casos. Despois nos estrañamos de que esteamos nesta situación; isto era un pouco comprensible en marzo, pero neste momento é intolerable e trataremos de facer o que estea nas nosa s mans para que non se produzan estas situacións dispares.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr