Saltar ao contido principal

XUNTANZA MESA DE FORMACIÓN - 20/10/2020

Hoxe tivo lugar, por videoconferencia, a xuntanza da mesa de formación cos responsables da EGAP e da Dirección Xeral de Xustiza. 

Por parte da administración trasladousenos, o importe orzamentario que se adicou a formación no ano 2019 (98.000 euros), os datos relativos a asistencia e porcentaxe de aceptación e demanda dos cursos realizados ata este momento e determinadas cuestións que de seguido vos resumimos:

1) Desglose de participación nas actividades formativas entre titulares e interinos (677 titulares e 274 interinos)

2) Intención de aumentar os cursos e edicións de linguaxe xurídica galega. Neste senso o secretario da EGAP indicou que se estaba a traballar nunha colaboración co INAP e Política Lingüistica para afrontar máis edicións de ditos cursos.

3) Potenciar, a través da aula de telepresenza da EGAP, a realización de cursos de reciclaxe por cambio de posto de traballo, por persoal interino con falta de experiencia ou contratado a través do servizo galego de emprego.

4) Continuación dos módulos actuais dos cursos, retirando da súa realización aqueles con baixa demanda, substituíndoos por outros que se soliciten incorporar.

5) Implementar e potenciar cursos de teletraballo e de reformas procesuais.

6) Fomentar un curso de formador de formadores, agora chamado de usuarios avanzados, a fin de que estes usuarios, debidamente actualizados nos seus coñecementos tanto informáticos como procesuais, sexan os que trasladen ao resto de traballadoras/es da súa ubicación en todo o territorio de Galiza, eses coñecementos de xeito continuo e o máis áxil posible.

7) Realización dun curso de preparación da promoción interna aos corpos xerais da administración de xustiza.

8) Dificultades na realización de cursos presenciais, máxime no contexto actual, solicitándoselles que amplien a descentralización das probas de avaliación.

Por parte da CIG, máis ala de remitir propostas de cursos de formación e de reciclaxe, que sempre son necesarios e importantes (cursos de galego, formación continua, actualización da formación procesual, etc.) puxemos o punto sobre a actual problemática e, sen querer resultar cortoplacistas, fixemos moito fincape no feito de ter que concentrar os esforzos formativos para poder levar a bo porto a dixitalización e implantación, en todo o territorio galego, do expediente dixital, base fundamental para un avance tecnolóxico e con garantías de futuro para a Administración de Xustiza. Se non somos quen de poñer correctamente os cimentos do uso uniforme e implementación do expediente dixital, estamos abocados a que no futuro esta administración manteña un errático funcionamento. Por iso desde a CIG solicitamos que todos os esforzos formativos se orientaran a este fin para poder capacitar a todas as traballadoras/es de Galiza na dixitalización e implantación do expediente dixital o  que tamén incidirá nunha mellor prestación da actividade laboral no teletraballo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.