Saltar ao contido principal

A CIG SOLICITA A URXENTE CREACIÓN DA CITA PREVIA TELEFÓNICA

A CIG ven de presentar, ante a Dirección Xeral de Xustiza, un escrito solicitando que o actual sistema de cita previa informática se extenda a un sistema de cita previa telefónica centralizada, a fin de que dito trámite resulte dun xeito máis cómodo e fácil para aqueles cidadańs que teñan serias dificultades en solicitar a cita por internet, ben por carecer do equipo informático necesario, ben porque non teñan os coñecementos suficientes para realizar o mesmo. Este servizo podería estar dotado con persoal laboral da comunidade autónoma contratado como reforzo para realizar dita labor, toda vez que as listaxes de designación de persoal eventual de Función Pública teñen moitos máis candidatos posibles que as listaxes propias de persoal interino de xustiza, sumándose ademais que dita función de concertación de cita previa non reviste ningún caracter xurisdiccional para que teña que ser realizado polos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza.

Ligazón escrito:

https://drive.google.com/file/d/1gVnmloTZhreSAbmTBUlI7b82o15Un6G4/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr