Na Sede Xudicial Electrónica actívanse novos servizos para a cidadanía, que se suman aos xa existentes:
- Presentación de escrito de contestación á demanda de xuízo verbal.
- Presentación de escrito de trámite xenérico.
Así mesmo, para facilitar o labor no órgano xudicial, esta nova versión inclúe as seguintes melloras en relación coa recepción en Minerva:
- Catalogación automática en Minerva das tipoloxías documentais máis comúns.
- Rexistro automático da contía en Minerva.
- Introdución no formulario do procedemento monitorio do dato da conta bancaria do demandante para facilitarlles aos órganos xudiciais a xestión do requirimento de pago ao demandado.
Lembra coma se rexistran os procedementos iniciados dende a Sede Xudicial Electrónica nesta guía, e consulta os detalles da nova versión v. 01.24.00 na folla de novidades.
Nesta versión tamén se inclúen outras melloras para os cidadáns:
- Simplificación do sistema de autenticación para moverse entre presentación de escrito e "A miña carpeta".
- Recuperación dun borrador desde "A miña carpeta" no que se incorpora documentación antes de gardalo.
- Asistencia técnica guiada e automatizada, para axudalo na resolución das súas consultas.
- Ligazón guia incoación procedementos iniciados na Sede Electrónica:
- https://drive.google.com/file/d/1ynefsQDaurVf-eKm4wMiI4GGCqPOoMS7/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario