Tede en conta, a hora de escoller a edición do curso de prevención de riscos obrigatorio que, ao elixir na páxina de matrícula da EGAP, en "coñecementos transversais", se vos vai a despregar unha ventaniña con dous cursos. O primeiro dos cursos que aparece e o código FX20032 e o sengundo curso é o FX20031. Segundo o DOG de 11 de novembro esas dúas edicións de cursos van dirixidos a distintos xulgados da provincia, así pois:
FX20032 vai dirixido ao persoal con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia da Pontevedra.
FX20031 vai dirixido ao persoal que presta servizos nos edificios xudiciais da Administración de Xustiza de Galicia, concretamente o partido xudicial de Pontevedra.
Comentarios
Publicar un comentario