O vindeiro martes día 3, nos xulgados da Coruña, os nosos compañeiros Chelo e Javier teñen o xuízo pola denuncia da letrada do Xulgado do Penal 6, cuxa denuncia foi elevada ao xulgado pola Fiscalía, por exercer o súa labor como delegados sindicais durante a folga da xustiza do ano 2018.
Durante estes dous últimos anos a CIG convocou distintas concentracións en apoio a Chelo e Javier denunciando a represión sindical que están a sufrir pero, dada a actual situación sanitaria e de restriccións, dende o sector de xustiza e, de acordo con Chelo, consideramos que non procedía realizar a concentración prevista para o día 3 diante dos xulgados, para mostrar o noso apoio e seguir denunciando a persecución sindical. Polo tanto, aínda que non en persoa, todas as delegadas/os da CIG estarán apoiando a estes compañeiros desde todos os rincóns de Galiza o vindeiro 3 de novembro.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/1tWIZImpB5K0dI9zc7qEfvBK4oXE0hkay/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario