Saltar ao contido principal

QUÉ PASA CANDO UN INTERINO ESTA DE BAIXA E MILAGROSAMENTE PONSE DE ALTA

Recentemente asistimos a unha situación da que todo o persoal interino se queixa de xeito maioritario pero que, non por iso,   deixa de acontecer nalgunha que outra ocasión.

Nunha recente designación de persoal interino adxudicouse unha praza a un traballador/a que, curiosamente, estaba de baixa por IT o día 2 de novembro pero, de xeito case milagroso e con total descaro, dito traballador/a reincorporouse á lista o día 4 de novembro (mércores), xusto a tempo de participar na selección dunha praza que poderiamos considerar como boa, desde o punto de vista da prestación do servizo e da súa retribución.

Podemos entender que haxa situacións familiares e mesmo persoais que poidan interferir sobremaneira coa prestación do servizo, e que isto poida causar a tentación de evitar a designación de determinadas prazas ofertadas. Non obstante, pese a iso, desde a CIG entendemos que nestas actuacións debe de manterse unha mínima ética profesional e respecto hacia os demais partícipes das bolsas e, por moito que estas actuacións poidan encadrarse dentro da legalidade, non é de recibo que un traballador/a se atope de baixa por IT nun día, evitando os chamamentos que se lle puideran realizar e, xustamente, dous días despois, se atope totalmente recuperado para poder optar as prazas que se lle ofertan nese momento. Ollo, que pode ser totalmente plausible a situación, pero tanta coincidencia escámalle ata o mais idiota.

O problema non só radica no traballador/a  que actúa dese xeito, con total falta de empatía e respecto hacia os demais, se non tamén naquel que filtra as prazas que se van a ofertar (que en moitos casos non é a administración ou cando menos non directamente). Este tipo de actuacións ten encadre nunha actitude caciquil e de venta de favores que algúns practican a modo de prestación de servizo de xestoría e que, como vender o alma ao diaño, xa te ata de por vida ao desalmado "Lucifer".

Logo vimos a queixarnos de que a Inspección Médica revisa as baixas e decreta a incorporación do traballador/a nunha baixa prolongada ou nalgún caso antes do tempo recomendable. Con actuacións deste tipo estamos dando un exemplo moi pouco notable.

Desde a CIG intentaremos corrixir esta situación propoñendo a modificación da actual regulamentación para evitar, precisamente, que este tipo de situacións se produzan ou que, cando menos, non se poidan realizar de xeito tan descarado.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr