Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID - TRASLADO PROPOSTA TELETRABALLO

No día de hoxe tivo lugar, co Minisiterio de Xustiza, a xuntanza da Mesa Sectorial na que se nos trasladou as centrais sindicais alí presentes o proxecto de resolución pola que o dito ministerio pretende regular o teletraballo na Administración de Xustiza. Para a administración esta é unha norma que neste momento só pretende poñer os piares básicos da regulamentación deste xeito de traballar, pero co afán de ir mellorando e moldeando a mesma, dun xeito máis amplo, nun futuro a medio prazo.

Na intervención realizada pola CIG lle trasladamos ao Ministerio as seguintes cuestións a ter en conta no desenvolvemento de dita regulamentación, a expensas de precisar máis nas alegacións que nos comprometemos a remitir por escrito antes da vindeira xuntanza o xoves 10 de decembro.

1) Incidimos, como tamén fixemos en Galiza, na necesidade imperiosa de deixar de gastar os cartos de formación en cursos que só serven para agrandar o currículo, e adicar ditos recursos a capacitar dixitalmente a todo o persoal da Administración de Xustiza, para que con dita formación o dito persoal poida afrontar correctamente os retos futuros. É inaudito que a dia de hoxe aínda haxa maxistrados que carecen dun certificado dixital.En definitiva, non se pode empezar a facer a casa polo tellado. Aínda non traballamos ben nos propios órganos xudiciais e o Ministeiro pretende conseguir que se poida traballar ben fora de ditos órganos.

2) Necesiadade dunha plataforma única de xestión procesual ou, no caso de ser varias, que sexan interoperables e compatibles entre elas.

3) Nesta regulamentación non debe de facerse mención ao teletraballo como unha medida de conciliación. Do mesmo xeito, o texto ten que ser realizado nunha linguaxe inclusiva.  Así memso deben de facerse estudos frecuentes do impacto de xénero da implantación deste novo xeito de traballo, tendo en conta ademáis que a maioría do persoal da Administración de Xustiza é feminino.

4) Deben de avaliarse correctamente os postos de traballo no eido da prevención de riscos laborais.

5) Ten que fixarxe claramente que postos ou funcións poden ser susceptibles de ser realizadas mediante teletraballo.

6) Deben de manterse informadas ás centrais sindicais sobre a implanción e desenvovemento desta medida e permitirlles participar naqueles foros que poidan incidir na regulamentación deste xeito de traballo.

7) Ten que asegurarse neste proxecto a dispoñibilidade de medios para a realización do teletraballo, máis ala de que haxa 17 comunidades autónomas coas súas peculiaridades. Desde logo, todos os medios tecnolóxicos empregados deben ser faciitados pola administración e garantir non só a seguridade se non tamén a privacidade do novo centro de traballo. En definitiva, deben de facilitarse equipos informáticos portátiles, telefonia baixo IP, etc que permita realizar o traballo como si se fixera de xeito presencial nos órganos xudiciais.

8) Debe de quedar claras as expresións usadas no texto acerca de horario de audiencia pública, horario de atención ao público, horario fixo, horario flexible, etc.

9) A administración ten que recoller no texto que para excluir a unha traballador/a dunha situación de teletraballo debe de facerse a través dun expediente contradictorio.

10) Finalmente incidimos na posibilidade de regulamentar as condicións do teletraballo en situacións de emerxencia e de como se poderían crear grupos burbulla nos distintos órganos, a fin de que o servizo se poidera seguir prestando a pesares da dita situación de emerxencia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.