Saltar ao contido principal

MISCELANEA DE NOVAS DE OPOSICIÓNS, CONCURSO MUXEXU E LISTAXES DE LAX INTERINOS

OPOSICIÓNS 2019.- Segundo o Ministerio de Xustiza as convocatorias de oposicións para este ano 2021, con cargo á oferta de emprego público de 2019, está previsto que sexa, para a promoción interna no mes de abril e para quenda libre no mes de xuño de 2021. O Ministerio non baralla acumular ao 2019 a oferta de emprego público de 2020, xa que logo o acordo de consolidación de emprego é de 2017-2019. Non obstante, chegado o caso, igual cambia de opinión e acumula ambas ofertas de emprego público como fixo co periodo 2017-2018.

XESTIÓN PI: Está previsto que os nomeamentos se efectúen no BOE sobre o 28 de decembro,  a fin de que compute este ano para que dito persoal poida participar no concurso de traslados de 2022.

AUXILIO QUENDA LIBRE: O Ministerio está a barallar, para poder realizar o examen que está pendente desta oposición, o mes de febreiro e marzo para a súa órganización, sempre tendo en conta o estado da situación pola pandemia do Covid-19. En todo caso vaise decentralizar moito máis do que estaba previsto para que dese xeito os opositores poidan acudir a aquela nova sede que lles quede máis preto do seu enderezo de residencia.

TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE: O tribunal está a valorar 9000 instancias e probablemente ata mediados/finais de xaneiro non se terá o resultado da valoración dos méritos achegados na fase de concurso.

LETRADOS SUBSTITUTOS INTERINOS: O Ministerio agarda a ter a nova regulamentación das bolsas de letrados substitutos para finais deste ano 2020.

CONCURSO DE TRASLADOS MUXEXU: Neste punto, preguntado o Ministerio, indicou que era a súa intención publicar no BOE o concurso de MUXEXU probablemente na primeira quincena de xaneiro.

 

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr