Saltar ao contido principal

O CORPORATIVISMO XUDICIAL CONDENA A UN SINDICALISTA

Despois de case tres anos, algunha abstención, suspensións a última hora, cambio de maxistrados e tres horas de xuízo (cantos cartos malgastados), o compañeiro Javier F.C. foi condenado por un delicto leve de coaccións, a un mes de multa, cunha cota diaria de 6 euros e unha responsabilidade civil de 1 euro para a LAX denunciante, por unha erupción cutánea na cara, que tamén hai que dicilo, hai que ser moi bo médico para indicar, sen ningún xénero de dubidas, que dita erupción ven provocada pola situación vivida pola LAX.
O proceso, que se iniciou por unha dilixencia de constancia remitida á Secretaría de Goberno e, que a Fiscalía converteu en denuncia, derivou nun xuízo penal que foi finalmente celebrado por unha xuíza interina, en substitución da titular do Xulgado de Instrución nº 1, que se abstivo por manifestar “...que podería estar afectada a súa imparcialidade obxectiva...”, vamos, que xa tiña unha idea preconcebida ou unha convincción previa (non se sabe se a favor ou en contra dos denunciados) e por iso se abstivo. (
STC 11/2000, de 17 de enero , FJ 4) Na sentenza só se recolle o testemuño da denunciante (LAX) e de dúas das súas testemuñas (xuíces). Non se toma en consideración nada do manifestado nin polos denunciados, nin polas testemuñas directas dos feitos. Sen embargo, si se ten en conta a unha de referencia, que só sabe o que a denunciante lle contou, e outra que estaba no seu despacho e non viu nada... pero son xuíces, e os/as demais somos funcionarios/as e, por riba, sindicalistas en folga.
Como era demasiado evidente a falta de probas, non se atreveron a condenar  á outra compañeira, Chelo (segundo xuízo derivado da folga no que sae absolta),  pero tampouco podían deixar en evidencia a unha LAX e uns xuíces, polo que a  substituta finalmente emitiu unha sentenza condenatoria para Javier. Ao fin e ao cabo, el era o subordinado da LAX e cuestionou unha decisión súa, que era ilegal, ainda que iso non tivo relevancia para a xuiza substituta. Pouco  importou que Javier estivera alí como membro dun Comité de Folga, defendendo a unha compañeira.

Por se todo isto fora pouco, aínda faltan os expedientes disciplinarios, suspendidos ata o momento no que se resolva  definitivamente a vía penal.

Dende este sindicato consideramos inxusta esta sentenza, sobre todo  no tocante á responsabilidade civil, porque resulta claramente insuficiente a cantidade de 1 euro para solucionar o problema de cara que ten a LAX  denunciante.

Ligazón nova:

https://www.cig.gal/nova/cig-xustiza-denuncia-a-condena-a-un-sindicalista-polo-corporativismo-xudicial.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr