Saltar ao contido principal

VACACIÓNS - O MINISTERIO ADOPTA UNHA DECISIÓN KAFKIANA

O Ministerio de Xustiza trasladou hoxe as centrais sindicais presentes na Mesa Sectorial o seu criterio para o goce dos días de vacacións e días de asuntos particulares de aquí ao 31 de xaneiro de 2021.

Nunha decisión kafkiana, raiando o absurdo, o Ministerio acordou que, en interpretación do que se estableceu para a Administración Xeral do Estado pola Comisión Superior de Persoal, o goce das vacacións e días de asuntos particulares no territorio da súa competencia serían os seguintes:

VACACIÓNS: Como norma xeral as vacacións śo se poderán desfrutar ata o 31 de xaneiro de 2021.

De xeito excepcional, naqueles casos de denegación ou imposibiliade do goce das vacacións permitirase o goce das mesmas ata o 31 de marzo de 2021.

ASUNTOS PARTICULARES: Dos 10 días que hai este ano para asuntos particulares (sen ter en conta os que se poidan ter por antigüidade), 7 días terán que desfrutarse ata o 31 de xaneiro de 2021 e os outros 3 días restantes poderán desfrutarse ata o 31 de marzo de 2021.

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.