Saltar ao contido principal

COMPENDIO DE DÚBIDAS MINERVA SCACE EN OURENSE

Non sabemos se esta noticia ten que ver coa implantación da nova oficina xudicial de Ourense porque, desde que a administración autonómica, ala polo ano 2017, pretendeu poñer en marcha unha experiencia piloto nesa vila, nunca máis se soubo de que aconteceu coa mesma nin cos cartos que se lle tivo que pagar a empresa  privada encargada de levar a cabo o proxecto de dita implantación.

Agora infórmase a través da intranet da publicación, en relación co Minerva SCACE en Ourense,  un Compendio de dúbidas resoltas para a correcta interpretación do Protocolo 1/2020, de actuación do servizo común da devandita localidade e dos manuais e guías rápidas elaboradas a tal fin. Este documento, con contido estruturado por materias, actualizarase periodicamente a medida que se expoñan novas dúbidas interpretativas do protocolo ou de funcionamento da aplicación.  

Despois de tres anos aínda chegamos a tempo. Se a implantación da NOX leva este ritmo frenético, no século XXII posiblemente a teñamos en marcha en todo o territorio galego.

Podes acceder á información de Minerva SCACE Ourense premendo nesta ligazón.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr